Por Heitor Picallo, investigador, escritor e ilustrador
Os Francken escribiron na historia das artes plásticas de Bélxica non só unha páxina importante, senón varios capítulos. E o motivo radica no feito de que non foron poucos os pintores que conseguiron subliñar os seus nomes nos cadros que, ao longo da súa vida, gustaron de pintar con enorme mestría.
Que teñamos constancia, Nicholas Francken é o primeiro dunha longa saga de artistas que, cando menos, se estenderá durante cinco xeracións.
Tamén podemos sinalar que máis dunha ducia de membros desta familia portentosa destaca neste eido; incluíndo a unha muller: Isabella Francken (filla de Hieronymus Francken).

Frans Francken II
“O Mozo”
UNHA CASTE DE ARTISTAS
O declarado Nicholas, que se estebelece en Herentals e posteriormente en Autuerpen, é o proxenitor de Frans Francken I “O Vello” (1542-1616), do que se poden consultar importantes datos biográficos na obra Flemish Paintings in the Metropolitan Museum of Art (de Walter A. Liedtke)
Este último artista, que consegue ser un pintor de éxito, ten igualmente dous irmáns moi reputados:Hieronymus Francken I (1540-1610) e Ambrosius Francken I (1544-1618). Do seu matrimonio con Elisabeth Mertens, Frans ten media ducia de fillos: Thomas (Autuerpen 1574-1625), Hieronymus Francken II (Autuerpen 1578-1623), Ambrosius II (Autuerpen 1581-1632), Magdalena, Elisabeth eFrans Francken II “O Mozo” (Autuerpen 1581-1642). Todos os homes forman parte do mundo artístico e, o que máis ou o que menos, adquire o recoñecemento dentro dese eido.
FRANS FRANCKEN II
Alén de ser alumno do seu proxenitor e de ter forxado unha carreira artística moi elevada a unha idade temperá, convértese en mestre da guilda ou gremio de San Lucas, na súa cidade natal (aló polo ano 1605). A este grupo tamén pertence o seu pai (tal e como se nos asegura na European Paintings in the Collection of the Worcester Museum).
Dous anos máis tarde, instálase pola súa conta ao tempo que contrae matrimonio e lle nace o seu primeiro fillo homónimo (Frans III) que, seguindo a traxectoria familiar, había ser alcumado “Rubensian Francken” (facendo alusión a Rubens, evidentemente). Hieronymus Francken III, membro da súa proxenie, non renuncia ao mundo da plástica, e así o ha facer igualmente o seu descendente: Constantijn Francken.
Afondar nas virtudes dos membros destacados desta familia, no contexto da arte, alén de ser interesantísimo, resulta moi complicado, e incluso é un xeito de nos desviar do tema central, que ten moito que ver con Frans Francken II.
Con respecto a este pintor, provisto de certos conceptos manieristas na súa obra, os seus cadros posúen un pouso alegórico ben importante, e exemplo disto é aquela pintura que -conservada en Ámsterdam no Museo Nacional de Holanda (Rijksmuseum)- leva o título de Alegoría da abdicación do emperador Carlos V en Bruxelas.

Imaxe de Carlos V
TESTAMENTO DE CARLOS V
Carlos V pronuncia as súas últimas vontades o 6 de xuño de 1554, concretamente na cidade de Bruxelas, e nelas fai gala dun amplo elenco de títulos. Velaquí algúns deles:
“En el nombre de Dios todo poderoso, Padre, Hijo, Spíritu Santo, tress personas, un solo Dios verdadero, y de la gloriosa siempre Virgen y Madre suya Santa María, Nuestra Señora, y de todos los Santos y Santas de la Corte Celestial; nós, don Carlos, por la divina clemencia Emperador de los Romanos, Augusto Rey de Alemaña, de Castilla, de León, de Aragón, de las dos Sicilias, de Hierusalem, de Ungría, de Dalmaçia, de Croaçia, de Navarra, de Granada, de Toledo, de Valençia, de Galicia, de Sevilla, de Mallorca, de Çerdeña, de Córdova, de Córcega, de Murçia, de Jaén, de los Algarbes, de Algezira, de Gibraltar, de la Islas de Canaria, de las Indias, Islas y Tierra Firme del Mar Océano, Archiduque de Austria, Duque de Borgoña, de Brabante, de Lothoringia, de Corintia, de Carniola, de Linburg, de Luçenburg, de Gueldes, de Athenas, de Neopatria, Conde de Barcelona, de Flandes, de Tirol, de Auspurg, de Arthois y de Borgoña, palatino de Henao, de Olandia, de Zelandia, de Ferrete, de Friburg, de Hanurg, de Rosellón, de Hutfania, Langrave de Alsacia, Marqués de Burgonia y del Sacro Romano Imperio, de Oristán y de Gociano, Príncipe de Cataluña y Suevie, señor de Frisia, de la Marcha Esclavonia, de Puerto Haon, de Vizcaya, de Molina, de Salinas, de Triplo y de Malinas, etc.”.
Neste seu testamento sinálase que escolle ao seu fillo Filipe como “heredero y suçesor universal, en todos los dichos mis reynos e señoríos, así de Castilla, de León, Aragón, Cataluña, Valençia, Navarra, Galizia, Sevilla, Granada y las Islas Canaria y de las Indias, islas y Tierra Firme del Mar Océano, Mar del Norte y Mar del Sur, y otras cualequier yslas y tierras descubiertas y que se descubrirán, y señorearán de aquí en adelante, como en todos mis reynos de Nápoles, Cecilia, Mallorca, Menoría, Çerdeña y todos los demás señoríos y derechos, como quiera que sea, pertenecientes a las Coronas de Castilla de Aragón”.
Carlos V retirarase en Caucos de Yuste, ao pé dos claustros do mosteiro dos xerónimos. Aí fica ano e medio, até a chegada da súa morte que acontece o 21 de setembro de 1558.
ADICACIÓN DO EMPERADOR
Logo da pasamento da súa proxenitora, Xoana I de Castela (acontecido o 12 de abril de 1555), o emperador reune á súa familia en Bruxelas a finais de ano. Entre ese 1555 e o 56, acontecen as abdicacións, polas que escolle ao seu irmán Fernando I de Absburgo (1503-1564) como sucesor no Sacro Imperio Romano Xermánico (ratificado de xeito formal en 1558); e ao seu fillo Filipe como herdeiro dos Estados de España e das Indias. Filipe II, monarca dende o 15 de xaneiro de 1556, adquirira tamén o título de Gran Mestre da Orde do Toisón de Ouro. O 25 de outubro de 1555, no Palacio Real de Bruxelas e acompañado de Guillermo de Orange, Carlos V inaugura a súa abdicación cun discurso pronunciado en francés e vestido cuns atuendos negros, unicamente adornados co Toisón. Porén, Frans Francken II non o pintaría, décadas máis tarde, con ese sobrio colorido, senón todo o contrario.

Alegoría da abdicación do Emperador
Carlos V en Bruxelas,
por Frans Francken
ALEGORÍA DA ABDICACIÓN DO EMPERADOR CARLOS V
O cadro no que Frans recrea a abdicación, mide 134 x 172 centímetros en alto e longo, respectivamente, e debeu ser realizado por 1636, segundo Peter Mason (Infelicities: representations of the exotic).
Na zona central do mesmo, sentado no trono e con coroa imperial sobre a cabeza, aparece un feble Carlos V, acompañado do seu irmán Fernando (a que nomea emperador do Sacro Imperio Xermánico) e do seu fillo Filipe II (futuro soberano dos reinos das españas e señor dos Países Baixos). Na parte inferior, máis aló das figuras mitolóxicas representadas, coma tritróns, sereas e Neptuno (que alude a America), tamén hai certos elementos simbólicos que identifican aos continentes europeo, asiático e africano.
Ao pé do monarca, alén da espada, o cetro e o globus cruciger tamén se aprecian un par de documentos con selos de chumbo que representan o parto e repartición dos territorios pertencentes ao emperador. Na dereita do cadro tamén se aprezan varias damas da realeza (unha delas puidera ser a emperatriz Sabela de Portugal, muller de Carlos V) que portan tres pendóns, nos que se identifican os brasóns de distintos territorios e reinos que foron motivo de reparto.

Identificación dos escudos que aparecen no cadro
IDENTIFICACIÓN DOS ESCUDOS
No primeiro pendón represéntanse todos aqueles territorios ligados aos Países Baixos e aos estados Borgoñóns. Comeza cos ducados de Brabante (1), Limburgo (2), Luxemburgo (3) e Güeldres (4); os condados de Flandres (5), Artois (6), Henao ou Hainut (7), Holanda (8), Zelanda (9), Namur (10) e Zutphen (11); o marquesado de Antuerpen (12); os señoríos de Malinas (13), Utrech (14), Frisia (15), Overijssel (16) e Groninga (17).

Escudo de Galiza na pintura
de Frans Francken II