fbpx
O dictador Francisco Franco nun cadro

Investigan á Fundación Francisco Franco por alentar aos concellos a non retirar a simboloxía franquista

Tempo de lectura: 2 min.

O Protectorado de Fundacións, organismo dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, pediu información á Fundación Francisco Franco, ante as denuncias de que esta entidade está a alentar o incumprimento da coñecida como Lei de Memoria Histórica ao ofrecer asesoramento a distintos concellos para que non retiren simboloxía franquista.

O Protectorado quere”verificar se os recursos económicos da fundación foron aplicados aos fins fundacionais” e para iso ten competencia para solicitar ao padroado da entidade correspondente a información que resulte necesaria.

Páxina da Fundación Francisco Franco en Twitter

Por iso, tras ter coñecemento da carta que a Fundación Franco remitiu a máis de 300 alcaldes para incumprir a Lei da Memoria Histórica, o Padroado abriu “un período de información previa” e requiriu a esta entidade que informe sobre esa misiva “e alegue o que estime procedente, achegando a documentación oportuna a tales efectos”.

Unha vez que o Protectorado reciba e estude esa documentación, procederá a valorar as actuacións que, no seu caso, poida pór en marcha, entre as que pode estar a apertura dun procedemento contra a Fundación Franco.

Cumprir coa lei

Así o desvelou este xoves a deputada do PP Beatriz Escudero na Comisión de Interior do Congreso durante o debate dunha proposición non de lei de que, precisamente, instaba o Goberno a investigar á Fundación Franco por remitir unha misiva a 355 alcaldes animándolles a incumprir a citada lei.

Segundo explicou Escudero, a Lei de Fundacións establece que o Protectorado debe “velar polo efectivo cumprimento dos fins fundacionais, de acordo coa vontade do fundador, e tendo en conta a consecución do interese xeral”.

Pode que che interese...