fbpx
Lugar onde se construirá a depuradora do Souto, en Villestro, Santaigo / iagua.es, onde se atopou un petróglifo /

Que vai pasar co petróglifo de Santiago ameazado por unha depuradora?

Tempo de lectura: 2 min.

Esa á a gran pregunta que se fan distintas entidades culturais tras a aparición dun petróglifo onde se vai construir a futura depuradora do Souto, en Santiago.

O goberno local de Santiago indicou que se atopa á espera de “informes” sobre o achado dese ben nun espazo que se atopa entre os terreos que deberían ser expropiados para a construción da nova depuradora da capital galega.

Petroglifo atopado onde se quere construír a futura deputradora do Souto, en Santiago / Plataforma pola recuparación do Sar

Esta semana a Plataforma pola recuperación do Sar informou o Concello de Santiago sobre o achado desta inscrición nunha pedra de granito do lugar do Souto, situado na parroquia de Villestro, onde se emprazaría a nova depuradora de Santiago, que conta cun orzamento de 75 millóns de euros e que se atopa a expensas de ser aprobada polo Ministerio de Fomento.

“Máxima garantías”

En declaracións aos medios tras a xunta de goberno local, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reclamou “máximas garantías posibles” no proceso de construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR), que debe “axustarse á legalidade”.

“É un elemento patrimonial importante e está situado nun lugar de afección directa á depuradora”, trasladou Duro, para logo engadir que se deberá “valorar” se o petróglifo pode ser considerado Ben de Interese Cultural (BIC).

Por tanto, o edil de Compostela Aberta manifestou que o proceso de construción da depuradora debe contar coas “máximas garantías” legais posibles para evitar casos como o de Xixón, cuxa EDAR foi “anulada” unha vez construída polo Tribunal Supermo pola elección “arbitraria” da súa localización.

Pode que che interese...