Quen ten a responsabilidade de poñer en valor o abandonado Castelo de Doiras?
As distintas administracións non se poñen dacordo sobre quen debe actuar no Castelo de Doiras, que se atopa nun lamentable estado de abandono. A fundación encargada do mesmo fai oídos xordos, o concello de Cervantes apunta á Xunta e a Xunta apunta ao concello.
Para entar desguedellar a situación, o colectivo Patrimonio dos Ancares mantivo o pasado martes unha entrevista co delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, para facerlle entrega do informe que elaborou sobre o estado de conservación e a recuperación deste casteol, e que días atrás tamén presentou, por medio do Rexistro Xeral da Xunta, á Deputación e ao Concello de Cervantes.
Despois de explicarlle a situación e de dicirlle que a Xunta debera involucrarse para que o castelo pasara a mans públicas, Balseiro contestou que ten que ser o Concello de Cervantes quen debe dirixirse á Fundación Soto de Fión para negociar unha doazón ou cesión. Con todo, tamén suliñou que a Xunta estaría disposta a estudar as peticións para subvencionar a restauración e posta en valor.
Este xoves, o colectivo solicitou unha entrevista co alcalde de Cervantes para facerlle chegar o dito polo delegado da Xunta preguntarlle cales son as intencións do concello sobre o tema e “se deron ou pensan dar algún paso para negociar a cesión ou doazón coa Fundación Soto de Fión”.