Queres facer prácticas como arqueólogo?
A Deputación da Coruña oferta dúas bolsas de prácticas para un graduado en Historia da Arte e dúas para dous arqueólogos durante doce meses, aínda que se poderán prorrogar un ano máis, e estarán remuneradas con 900 euros mensuais.
Poderán acceder a estas axudas os recentemente graduados que obtivesen o seu título a partir do ano 2003 e que teñan como obxectivo principal favorecer a súa formación práctica na xestión do patrimonio polo que, no caso da bolsa para graduados en Historia da arte, ademais do título de Grao, sumarán puntos os títulos de Máster Oficial en Museoloxía ou Xestión do Patrimonio.
En canto aos arqueólogos, será un requisito indispensable, que posúan o título de Grao en Historia ou en Xeografía e Historia coa especialidade en Arqueoloxía. Máis información en https://www.dicoruna.es