fbpx
Antigo cárcere de Lugo, rehabilitado como espazo cultural

O Vello Cárcere de Lugo: Cando a historia se converte en cultura

Tempo de lectura: < 1 min.

Ata hai uns anos era un lugar escuro, pechado, cheo de malas lembranzas. Ninguén quería saber del. Pero agora, o edificio que acolleu aos presos de Lugo abre as súas portas totalmente cambiado. Será un gran centro cultural.

O Concello de Lugo, a través da delegación municipal de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, convida os veciños da cidade a coñecer a rehabilitación do Vello Cárcere como centro cultural cun programa inaugural de actividades que inclúe concertos, danza e unha exposición.

A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, avanzou que o día da inauguración, o xoves, a partir das 20:00 horas, actuará a orquestra de música clásica Lugo Camerata (LUCA), a primeira orquestra profesional de Lugo, xunto á pianista Maite Belón, e a compañía de danza da Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá o espectáculo Pulsos. O venres 31, ás 20:00 horas, abrirá a exposición Un cárcere, unha porta e un xardín, que aborda a historia da prisión, e actuarán de novo LUCA e Maite Belón, a partir das 20:30 horas. Lugo Camerata ofrecerá outro concerto o 8 de abril.

O horario de apertura que terá o centro a partir do venres é o seguinte: os luns, de 11:00 a 14:00 horas; martes e mércores, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas; xoves e venres, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 23:00; os sábados, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 22:30; e os domingos, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.

Pode que che interese...