fbpx
Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago / Galipedia

A restauración de San Martiño Pinario a debate

Tempo de lectura: < 1 min.

O undécimo encontro monográfico sobre patrimonio cultural que organiza o Consello da Cultura Galega analizará este xoves a restauración do campanario de San Martiño Pinario.

Na xornada, que comezará ás 16,30 horas, falará Iago Seara, arquitecto responsable da restauración e reposición do pináculo da torre; Manuel Chaín, subdirector xeral de Conservación da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural; e Rebeca Blanco Rotea, investigadora da Universidade de Santiago centrada no estudo das construcións históricas.

O seguinte dos encontros monográficos será o 27 de abril e centrarase no castelo da Rocha Forte desde tres perspectivas: a actividade da Asociación Cultural Rocha Forte; a xestión da construción por parte do Concello de Santiago e a súa significación como xacemento arqueolóxico da Idade Media coa información das últimas intervencións.

Pode que che interese...