fbpx
A Lagoa de Antela no mapa de Fontán

Domingo Fontán, o pai da xeografía galega, homenaxeado polo PPdeG

Tempo de lectura: < 1 min.

Foi o impulsor da xeografía moderna en Galicia e o primeiro en elaborar un completo mapa do país, a súa Carta Xeométrica de Galicia. Domingo Fontán, matemático, xeógrafo e político, recibiu este sábado unha homenaxe do PPdeG.

O acto de homenaxe tivo lugar na Praza de Praterías de Santiago, aos pés da Torre da Berenguela da Catedral, que serviu de “vértice” para o estudo cartográfico de Fontán, nacido no concello de Portas (Pontevedra) en 1788.

O alcalde deste municipio, Victor Estévez, participou no acto xunto ao tamén xeógrafo e actual conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, ambos os dous membros da comisión de cultura do PPdeG.

A Carta Xeométrica de Galicia

En 2017 cúmprense 200 anos desde que Domingo Fontán iniciara os traballos de elaboración da Carta Xeométrica de Galicia, que finalizaría 17 anos despois e que está considerada como o primeiro mapa topográfico e científico de España.

Román Rodríguez enxalzou “os valores cívicos, de progreso e solidariedade” de Fontán, a persoa “que lle puxo rostro” a Galicia. Ademais, o titular de Cultura da Xunta reivindicou a figura “política” de Domingo Fontán, que foi “atacado” por parte “dos totalitarismos e populismos da época” polas súas “ideas” baseadas en “crer na liberdade do individuo”.

Desde hai uns días, os afeccionados á cartografía xa poden gozar, no visor de mapas do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, do visionado da Carta Xeométrica de Galicia de Fontán.

Pode que che interese...