fbpx
Parte do mural ‘Vista de A Coruña 1669’, de urbano Lugrís / Abanca

As paredes que pintou Urbano Lugrís xa son parte da arte e da historia da Coruña

Tempo de lectura: < 1 min.

Querido, desvalido, anxélico Lugrís:
sempre habitache no mundo da verdade,
¿ou serías ti o lúcido veciño
dun universo irreal pero posible?”

Así comezaba ‘Cartas para navegar e camiñar polos universos de Urbano Lugrís O Vello”. Un poema escrito por Manuel María en 2002 e dedicado a un dos grandes artistas galegos do século XX, Urbano Lugrís, o pintor dos soños e dos grandes murais.

Precisamente, e para recordar ese mundo creado polo artista, xa se pode visitar na sede de Afundación da Coruña a mostra ‘Lugrís, paredes soñadas‘. Unha exposición impulsada por Abanca, que nace tras restaurar a pintura mural ‘Vista da Coruña 1669’.

Trátase da primeira mostra que se organiza especificamente sobre o traballo do pintor galego como muralista. Foi o pasado mes de novembro, a entidade iniciou o traslado do mural ‘Vista da Coruña 1669’ desde a cafetaría Vecchio, na rúa Real, ata a entrada da oficina principal do banco pola rúa Olmos. Para o traslado, o mural dividiuse en sete pezas baixo a supervisión da Dirección Xeral de Patrimonio.

Das 107 obras expostas, unha parte son de Abanca e de Afundación, e outras foron prestadas por particulares. Inclúe obras que nunca foron expostas antes, entre outras, ‘O Retablo do Descubrimento’, ao que o artista consideraba “a súa Capela Sixtina”. Despois da exposición publicarase tamén un catálogo, que incluirá aspectos da traxectoria do artista.

Pode que che interese...