Ferrol convida a xornalistas internacionais para promocionar o seu patrimonio e o seu turismo
Xornalistas de sete medios españois e internacionais centrados no turismo visitarán Ferrol nesta fin de semana para empaparse de patrimonio natural e histórico militar e promocionar os encantos urbanísticos, paisaxísticos e gastronómicos da urbe naval entre os seus miles de lectores.
A visita, organizada desde a Concellería de Turismo, arrinca este venres 26, e remata o domingo 28. Conta coa colaboración do Hotel Carrís Almirante, que aloxa de balde aos 7 xornalistas, chegados desde Madrid e Barcelona, e os convida a unha cea.

Fragatas en combate / Museo Naval de Ferrol
Os sete serán recibidos este venres polo concelleiro de Turismo, Suso Basterrecha, no inicio dunha fin de semana con especial atención a promoción do Camiño Inglés, que arranca desde Curuxeiras, a promoción da Costa das Ondas e o Slow Turismo, ademais, por suposto do Turismo Activo, que centra parte da fin de semana
Os xornalistas convidados son:
-Sandra Romero, escribe para o diario El Mundo e www.ocholeguas.com
-David Bigorra, de la revista de turismo online Qtravel
-Guillermo Cachero, de otrosdestinos.com
-Hernando Reyes, de Topviajes.net
Marta Cuadras, da revista Viajes National Geographic
Miguel Ángel Violán, da revista The MICE Travel & Events Tourism (revista especializada en turismo de reunións, congresos e empresas)
Irina Stupchenko del portal www.revistarusa.com (portal web centrado en turismo ruso).