fbpx
Unha das salas do Museo Terra de Melide / caminofrances.org

Galicia abre os seus museos á xente este xoves

Tempo de lectura: < 1 min.

Visitas guiadas, xogos tradicionais, música, teatro, exposicións, obradoiros e melloras na sinaléctica son parte do programa para o Día Internacional dos Museos que se vai celebrar o vindeiro xoves, 18 de maio, baixo o lema Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos.

No marco desta celebración, o Museo Centro Gaiás, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Massó de Bueu, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (Mapou), o Museo do Mar de Galicia, o Museo do Castro de Viladonga, o Museo Etnolóxico de Ribadavia, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e mais o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) organizan múltiples propostas culturais co fin de lle achegar á cidadanía o patrimonio cultural que albergan dun xeito divulgativo e lúdico.

A programación conmemorativa do Día dos Museos pódese consultar para cada un dos centros na Axenda de Cultura https://www.cultura.gal/gl/axenda. Tamén se ofrece información específica das principais actividades na ligazón https://www.cultura.gal/gl/ciclo/2010. As actividades serán gratuítas para os asistentes.

Pode que che interese...