fbpx
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Muncyt, da Coruña / muncyt.es

O Muncyt saca o museo á rúa

Tempo de lectura: < 1 min.

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña programou diversas actividades este mes con motivo do seu quinto aniversario e máis de 250.000 visitantes. E para conmemoralo vai sacar distintas actividades á rúa.

Así, organizou actividades especiais para todos os públicos que terán lugar durante todo o mes de maio, desde un concerto de violín, un concurso de fotografía e talleres especiais para que os visitantes participen no aniversario.

Ademais, o sábado o Museo estará presente cunha jaima na feira do ‘Día da Ciencia na Rúa’ que se celebra no Parque de Santa Margarita, desde as 11,00 horas ata as 19,00 horas. O día 20 continuarán os actos coa inauguración da exposición ’25 miradas do Muncyt’. Nesta mostra exporanse as fotos gañadoras e as 25 mellores presentadas ao certame ‘A postal do Muncyt’, un concurso fotográfico con imaxes do interior da sede.

Pode que che interese...