fbpx
Túnel atopado na Muralla de Lugo / Concello de Lugo

Que oculta o túnel descuberto na Muralla de Lugo?

Tempo de lectura: 2 min.

Hai uns meses a Muralla de Lugo revelaba un novo segredo. Unhas obras neste monumento sacaban á luz a existencia dun túnel do que aínda non se sabe a súa orixe, nin as súas funcións. Tal é a importancia do achado que mesmo chegou á Cámara galega.

Os primeiros datos, tras un nun informe sobre a galería, indican que a cimentación corresponde á fase de execución e está datada dos séculos XV e XVI, posiblemente como canle de evacuación de augas dos procesos de curtido de peles.

Por iso se iniciou un proceso para pedir ao Concello de Lugo que non tapase os restos, e dar os pasos cara á “posta en valor” deste espazo, á espera dun convenio de colaboración co Goberno local para a intervención nos terreos.

Muralla Romana de Lugo / panoramio.com

Por iso, o Parlamento de Galicia instou á Xunta a realizar unha investigación “exhaustiva” sobre a orixe, características e utilidade do túnel descuberto na Muralla de Lugo, co obxectivo de adoptar as medidas e decisións adecuadas para a súa conservación. A iniciativa, defendida pola deputada Concepción Burgo do grupo socialista na Comisión de Educación e Cultura, foi aprobada por unanimidade.

Todos os grupos de acordo

Burgo apuntou a “gran importancia” deste achado, descuberto durante unhas obras por filtracións de auga en xullo do ano pasado e que debe ser obxecto de “unha ampla investigación arqueolóxica”, tendo en conta o carácter “emblemático” do monumento.

Olalla Rodil, do BNG, compartiu o “interese” por determinar a “funcionalidade” deste descubrimento, nunha cidade “referente” deste país sobre o proceso de “romanización” do territorio, incidindo na importancia de “polo en valor” coa colaboración da Xunta e outras administracións, en alusión ao Goberno local de Lugo. Neste termo pronunciábase Luca Chao, de En Marea, que pediu que, ademais do estudo proposto, se considere a “musealización” do descubrimento, para a súa visita “por parte do público”.

María Antón VilaSánchez do Grupo Popular, a pesar de apoiar a proposta “sen fisuras”, aclarou que “chega tarde”, tendo en conta as “múltiples intervencións” que se están realizando no recinto interior da Muralla.

Pode que che interese...