fbpx
Parte do cómic adicado ao arquitecto Lucas Ferro Caaveiro

Un cómic recreará a vida de Lucas Ferro Caaveiro, o arquitecto que rematou a fachada do Obradoiro

Tempo de lectura: < 1 min.

Unha banda deseñada pretende recuperar a figura de Lucas Ferro Caaveiro, nacido na Capela e que rematou a fachada da catedral de Santiago de Compostela na Praza do Obradoiro. Ferro Caaveiro foi un dos grandes arquitectos do século XVIII en Galicia con obras tanto en Lugo como en Compostela.

“Ferro Caaveiro, a auténtica rebeldía” situase nos tempos actuais cando tres persoas coinciden realizando o Camiño de Santiago. O maior vailles relatando a vida e as obras de Lucas Antonio Ferro, mentras outro dos peregrinos fala de Breaking Bad considerada a mellor serie da historia da televisión.

Este proxecto parte dunha iniciativa de micromecenado de Son Radiofusión, con debuxos de Carlos Sardiña e textos de Henrique Sanfiz. O obxectivo é editar o cómic a comezos de xuño para o que solicitan a colaboración de “mecenas” a través da páxina web de verkami.

 

Pode que che interese...