fbpx
A Torre de Hércules de azul para festexar os seus sete anos como Patrimonio da Humanidade / eloytp.blogspot.com
A Torre de Hércules de azul para festexar os seus sete anos como Patrimonio da Humanidade / eloytp.blogspot.com

Varios monumentos galegos iluminaranse de púrpura este mércores con motivo do Día Mundial do Lupus

Tempo de lectura: < 1 min.

A Torre de Hércules, a ponte romana de Ourense, a fachada do Concello de Ferrol ou as Torres do Gaiás na Cidade da Cultura constitúen algúns dos monumentos galegos que se iluminarán este mércores de púrpura con motivo do Día Mundial do Lupus.

Así o explica a Asociación Galega de Lupus (AGAL), que promove unha serie de actos como conmemoración do día mundial desta patoloxía en Galicia este 10 de maio co fin de “dar máis información á poboación” sobre esta doenza.

Neste sentido, AGAL incide na importancia de “dar difusión a estes eventos para concienciar á poboación sobre esta enfermidade” e que “aos poucos” deixe de ser unha patoloxía “rara, pouco coñecida”.

Varios monumentos

Este mércores a partir das 22,00 horas a Torre de Hércules na Coruña iluminarase de púrpura, así como a fonte de Catro Camiños na cidade herculina, o Paraugas ‘Ría O Burgo’ en Cambre, a ponte romana de Ourense, a fachada do Concello de Ferrol e as Torres do Gaiás en Santiago.

O lupus é unha enfermidade autoinmune pola que o sistema inmunolóxico da persoa afectada ataca as células do propio corpo, provocando dano nos tecidos e lesións en órganos vitais. Trátase dunha patoloxía que padecen máis de cinco millóns de persoas en todo o mundo e cuxo número aumenta cada ano en máis de 100.000.

Pode que che interese...