fbpx
O cáliz de San Isidoro de León, que algúns din que é o Santo Graal / leonnoticias.com

A viaxe de dona Urraca co Graal, argumento dun filme internacional

Tempo de lectura: 2 min.

O percorrido do Cáliz de Dona Urraca desde o Santo Sepulcro en Xerusalén ata a súa chegada á Real Colexiata de San Isidoro de León é o motivo principal dun filme internacional que se está rodando en León.

A rodaxe da película relixiosa ‘Onyx: os reis do Graal‘ trátase dun proxecto internacional dirixido por Roberto Girault que conta con actores como Jim Caviezel (protagonista en A Paixón de Cristo). A comezos de maio tamén se realizaron audicións de figuración entre a poboación leonesa, pois o proxecto necesita a colaboración de ata 200 extras.

Pintura de dona Urraca

O Cáliz de Dona Urraca é unha das xoias da Basílica de San Isidoro, e algúns indican que podería tratarse do Santo Graal. Outros apuntan que o Santo Graal é o que se conserva na igrexa de Santa María do Cebreiro. En todo caso, os defensores do Graal leonés sulbiñan que a veracidade do seu copón sagrado está documentado en dous pergamiños localizados na biblioteca da Universidade do Cairo.

A pesar da importancia de dona Urraca como raíña galega, a longametraxe rodarase principalmente en León e a comarca do Bierzo así como noutras cidades como Denia ou Madrid. A rodaxe concluirá en Roma e Xerusalén. Producida por Sevenfor Servizos Audiovisuais, a película está a ser rodada en inglés e ten como protagonista principal a Jim Caviezel, protagonista de’A Paixón de Cristo, de Mel Gibson.

Cun custe de 1,1 millóns de euros, a produtora asegurou que a película sería “un documental de ficción no que o actor estadounidense Jim Caviezel interpretaría o papel principal (narrador) interactuando co resto de actores ao longo da película”. Conta co apoio do Concello de León e da Junta de Castilla y León.

Pode que che interese...