fbpx
Avión nazi sobrevoando o espazo aereo galego

O Casey Jones Project en Galicia, un plan de alto segredo para controlar aos nazis

Tempo de lectura: 2 min.

A Xunta de Galicia acaba de publicar as ortofotografías do ano 1946 pertencentes ás principais cidades galegas para comprobar os cambios producidos nas zonas urbanas.

Estas imaxes foron tomadas do voo fotográfico da España peninsular, realizado nos anos 1945-46 polo Army Map Service de EE.UU., tamén chamado voo Americano Serie A., e coñecido popularmente como o “voo Casey Jones“.

E que foi o proxecto “Casey Jones”?

O voo xurdiu da necesidade que tiñan os Aliados, tras desembarcar en Normandía en xuño de 1944, de contar cunha cartografía adecuada do territorio europeo para controlar aos nazis. O proxecto propúxose no mes de outubro dese mesmo ano, pero non se puido levar a cabo ata a derrota final de Alemaña polo elevado número de aeronaves requirido.

Cidade da Coruña en 1946 nunha ortofoto do proxeto Casay Jones

Son as forzas aéreas de EE.UU. (USAF) e Reino Unido (RAF) as que deseñan o proxecto “Casey Jones” cualificado como de Alto Segredo, para realizar un voo fotogramétrico de gran parte de Europa e norte de África. A EE.UU. vían a España como un territorio crave pola súa incapacidade bélica e situación xeoestratéxica, polo que tratarán de chegar a acordos puntais nun equilibrio estratéxico de acordos e hostilidades baseados na desproporción de forzas nos que ofreceron melloras de aeroportos e máis tarde o propio voo fotogramétrico ‘Serie A’, a cambio de establecer unha base aliada ante o inminente inicio da chamada Guerra Fría.

O voo de 1945-46 ou Project Casey Jones, debido á súa antigüidade e ampla cobertura, é o voo aerofotográfico de maior interese histórico dispoñible en España e outros países europeos. Aínda que a súa precisión métrica é menor que a dos voos da década do cincuenta debido á cámara empregada e á súa menor escala. É a imaxe aérea máis antiga do país, de aí o seu valor.

Fotografías de 1946 das grandes cidades galegas

O Instituto de Estudo do Territorio acaba de incorporar aos visores de información xeográfica nunha nova capa de fondo con estas imaxes, que foron tomadas desde o aire, a escala cartográfica e libres de deformacións, o que permite o seu uso como mapas e mesmo a realización de medicións.

Estas ortofotos permiten, ademais, analizar a evolución e dinámicas fluviais e hidrográficas, repoboacións e superficies de cultivo, variacións localizadas nos ámbitos mineiros, canteiras e grandes infraestruturas.

Pode que che interese...