Os turistas que veñen en grandes cruceiros coñecerán o patrimonio de Galicia
A sede da Autoridade Portuaria da Coruña acolleu este luns a presentación do libro ‘Descubrindo o paraíso’, dirixido a cruceristas e turistas e que dá a coñecer o patrimonio natural de Galicia.
A publicación recolle en textos e fotografías o patrimonio natural e cultural de Galicia. O libro está deseñado e elaborado para os pasaxeiros de cruceiros e, en xeral, para as persoas que visiten A Coruña e Galicia, segundo se expuxo na presentación.
O acto contou coa presenza da directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, quen aludiu á posta en marcha do Plan de Promoción e Posta en Valor do Patrimonio Natural da Xunta, incidindo en que supón unha aposta polo “turismo sustentable”.
O acto contou tamén coa presenza do fotógrafo José Salgado, autor das imaxes que recolle a publicación; o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, e o presidente de Hércules de Edicións, Francisco Rodríguez.