fbpx
Vistas de Pena Trevinca e Moncalvo / rutasmontanasturias.com

Non queren protexer Pena Trevinca, o teito natural de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

O PP votou en contra este mércores no pleno do Parlamento galego dunha iniciativa de En Marea –apoiada polo resto da oposición– para unha maior protección de Pena Trevinca e comezar o proceso para que sexa declarada parque natural.

Na súa intervención, Ánxeles Cuña (En Marea) reclamou “medios de protección” para “un excepcional prodixio da natureza”, no que se atopa “o mellor bosque de teixos conservado na Península”.

Respecto diso, critica o “deixamento de funcións” da Xunta para que se consiga a declaración de parque natural do “teito de Galicia”, de máis de 2.000 metros de altura, e alcanzar máis protección fronte aos lumes que “ano tras ano se dan na súa contorna”.

Os “incumprimentos” con este espazo natural

Por iso, pide “terminar” o proceso de aprobación do plan de ordenación de recursos naturais (PORN) de Pena Trevinca, que está estancado desde anos segundo denuncia, á vez que se revisen os límites do espazo protexido e catalóguense os hábitats e especies a protexer.

Nesta liña, o BNG e PSdeG censuraron que a de Pena Trevinca é a “historia interminable de continuos incumprimentos” cun atraso de anos na súa protección.

En cambio, Moisés Blanco (PPdeG) asegurou que a actual protección de Pena Trevinca “xa é suficiente”. Tamén censura que esta proposta “pretende ignorar todo o traballo feito”, mentres que non parte de “un consenso”, porque considera que En Marea “tiña que falar coa xente”.

Pode que che interese...