fbpx
Barco de traiña / patrimoniovilagarcia.net

Un libro recolle a historia das embarcacións de cabotaxe na Costa da Morte

Tempo de lectura: < 1 min.

A editorial de Ponteceso Plan B Editora acaba de sacar do prelo unha publicación na que se recolle a historia das embarcacións de cabotaxe da Costa da Morte.

O autor do libro é o cormelán Ramón García Filgueira, un mariño mercante xubilado que recuperou practicamente a historia da navegación acabotaxe de todo o norte do estado español. “Barcos de cabotaje del corazón de la Costa da Morte” recolle os barcos que durante os séculos XIX e XX foron propiedade dalgunha persoa desta zona.

O porto de Corme é o que congrega un maior número de embarcacións xa que tradicionalmente os armadores cormeláns fletaban este tipo de embarcacións, en moitos casos con destino a portos vascos pero tampouco era raro que chegaran até portos mediterraneos ou estranxeiros.

Nas case 200 páxinas do libro recóllese a historia de máis de 175 barcos, acompañada, na maioría dos casos de fotografías inéditas. Ésta é unha obra de referencia para todas as persoas interesadas na historia da navegación e na propia historia das vilas portuarias que desenvolveron comercio marítimo durante os séculos XIX e XX.

O libro ten un custe de 17,95€ e pode mercarse na propia editorial ou a través de Arnoia (distribución de libros e papelería).

Fonte: QPC

Pode que che interese...