fbpx
A illa de San Simón, na ría de Vigo, foi un importante cárcere franquista / mardeons.es

Coñécese realmente o pasado da Illa de San Simón ou interesa que sexa só un parque de atracións?

Tempo de lectura: < 1 min.

A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), que agrupa a distintos colectivos de Galicia, iniciou unha recollida de firmas para reivindicar que a Illa de San Simón reciba “un tratamento acorde co seu pasado como cárcere”, e non sexa utilizada como “un parque de atraccións”.

Baixo o nome ‘San Simón, illa da memoria‘, a campaña, que conta co apoio de parlamentarios como Luís Bará (BNG) e Ángeles Cuña (En Marea), e de escritores como Xosé María Álvarez Cáccamo e César Calvar, busca “loitar contra o humillante trato que a Administración autonómica dá ás vítimas do terror franquista”.

Así, o colectivo censurou que se converteu “este lugar de represión e memoria nun parque de atraccións, con xincanas e excursións nas que os participantes non reciben explicación ningunha do que foi esta illa no tempo do terror”.

Tal e como lembrou, durante o franquismo, a Illa de San Simón acolleu un campo de concentración no que estiveron retidas máis de 6.000 persoas entre 1936 e 1943, polo que avisou de que denunciará “cada acto contrario á memoria que a Xunta poña en marcha”.

Hai uns días Historia de Galicia xa se facía eco destas protestas. E é que hai que lembrar que a Illa de San Simón foi unha gran prisión franquista. A principos da Guerra Civil os presos viñan na súa maioría provenientes das zonas próximas coma Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía de Arousa, aínda que tamén eran frecuentes os presos de Asturias, León ou do País Vasco. A illa foi cualificada polos franquistas como colonia penitenciaria, aínda que a realidade era a dun campo de exterminio onde os presos políticos comunistas, republicanos ou socialistas eran asasinados. Mantívose en funcionamento ata o ano 1943

 

Pode que che interese...