Queres ver coches de época?
Os amantes dos vehículos de época están de noraboa. A Asociación Cultural Clásicos e Históricos Condado celebra a I Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado que terá lugar o vindeiro domingo 6 de agosto en Ponteareas.
Nesta primeira edición o público poderá desfrutar dunha concentración exposición que se abrirá ás dez horas para dar comezo á ruta pola comarca do Condado chegando a Paradanta donde efectuarán unha parada na Cañiza arredor das doce e media. Ás 14:00 horas terá lugar a comida no restaurante Castelo de Vilasobroso cun prezo para os asistentes de 20€ por persoa que inclúe tamén o xantar.
Esta primeira edición da Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado visitará tamén Mondariz Balneario ás 16:15 horas para lucir o seu esplendor diante dos xardíns do Gran Hotel e volver arredor das cinco da tarde de novo á Praza Bugallal de Ponteareas.
A I Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos do Condado coincidirá coa Feira de Oportunidades que organiza a Asociación Comerciantes Tea os días 5 e 6 nas rúas Esperanza e Oriente. Deste xeito prográmase unha fin de semana con atractivos para toda a familia.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 2 de agosto e tódolos interesados poden inscribirse e informarse no enderezo electrónico clubclasicoscondado@outlook.es ou no teléfono 649 43 63 28 (José Manuel Gómez) O prezo da inscrición é de dez euros e de vinte euros por persoa coa comida inclúída.