fbpx
O dictador Francisco Franco nun cadro

Unha fundación franquista controlará o Pazo de Meirás

Tempo de lectura: 2 min.

A Fundación Francisco Franco, unha entidade de carácter franquista, será a encargada de xestionar as visitas ao Pazo de Meirás, un monumento declarado Ben de Interese Cultural (BIC) ao que, desde hai anos, se prohíbe a entrada a pesar de que os propietarios teñen a obriga de permitir visitas determinados días.

“Estamos ante unha situación esperpéntica, vista a labor que fai a citada Fundación para vangloriar ao militar golpista”, denuncia Fernando Souto Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH). Souto recorda que Meirás é un “ben adquirido dun xeito ilexítimo”; pois foi cedido pola oligarquía fascista local en 1938 ao ditador grazas a expropiacións forzadas e recortes impostos nas nóminas dos traballadores públicos.

Pazo de Meirás, un ben privado que acabou nas mans de Franco grazas ás elites coruñesas / Youtube

Pazo de Meirás, un ben privado que acabou nas mans de Franco grazas ás elites coruñesas / Youtube

A Fundación Nacional Francisco Franco ten como principal obxectivo difundir a memoria e obra de Francisco Franco. O principal activo da fundación é o arquivo persoal de Francisco Franco, que contén uns 30.000 documentos (300.000 páxinas) de carácter moi diverso: correspondencia con outros xefes de Estado, informes confidenciais de tipo persoal, copias de escritos orixinais, anotacións particulares, así como borradores de leis ou regulamentos (algúns destes documentos conteñen segredos de estado, segundo o Goberno de España).

Ademais, esta entidade ten presentado varios recursos en contra do cumplimento da Lei da Memoria Histórica que obriga a suprimir o nome de rúas de personaxes fascistas ou vinculadas a asasinatos. O seu actual presidente é Gonzalo Fernández de la Mora Varela e a presidencia de honra corresponde a Carmen Franco e Polo, a filla do ditador.

De feito, foi a familia a que decidiu confiar nesta fundación o control do Pazo tras as continuas denuncias do Concello de Sada e da CRMH. Unha situación que motivou a apertura de expedientes informativos, pero sen que, ata o momento teña pasado nada.

A CRMH pide que sexa a administración local quen sexa a responsábel das visitas ao BIC e non unha fundación franquista. Polo momento, a Xunta, responsable de que se cumpla a Lei de Patrimonio Cultural, non se ten pronunciado ao respecto.

Pode que che interese...