fbpx
Mapa antigo de Escocia / dreamstime

O principal xornal escocés destaca que os primeiros habitantes dese país poderían ser galegos

Tempo de lectura: < 1 min.

“Hai uns cantos anos, probas de ADN suxerían que os primeiros habitantes de Escocia poderían incluír persoas que chegaron a estas illas desde Galicia, en España.

Situada no ao noroeste da península ibérica, Galicia é agora unha rexión autónoma de España, sendo un reino por dereito propio durante moitos séculos da súa historia”. Así comeza un longo artigo no xornal escocés The National, un dos grandes medios escoceses.

Baixo o título “a lingua ben podería ser un punto de partida significativo para provocar cambios en Galicia”, o xornalista Martin Hannan fai un percorrido pola historia, a ideosincrasia e a política galega, aínda que con algúns pequenos erros. Podes ler todo o artigo aquí.

Pode que che interese...