fbpx
Hai teorías que apuntan a que os celtas xurdiron en África /canariastv

Estudos de ADN tamén sinalan que algúns escoceses e irlandeses teñen orixe norteafricana

Tempo de lectura: 2 min.

Un estudo de 2015 sobre o ADN en Escocia na Universidade de Edimburgo baixo a dirección do doutor Jim Wilson apunta que un de cada 10 homes escoceses ten orixe norteafricana. Unha investigación que coincide con outra realizada pola Universitat Pompeu Fabra de Barcelona e a Universidade de Leicester (Reino Unido) que apunta a que un de cada cinco galegos presenta características xenéticas propias da poboación do norte de África.

A investigación escocesa, realizada co Alistair Moffat, que foi reitor da Universidade de Saint Andrews, a primeira universidade escocesa, e é catedrático de historia medieval, asegura que parte da poboación escocesa tamén é descendente directa dos membros de tribos bereberes e tuaregs do Sahara, unha liñaxe que é duns de 5.600 anos de antigüidade.

Tamén os irlandeses terían conexión co norte de Africa. A secuenciación do xenoma realizado nos restos dos primeiros poboadores de Irlanda por investigadores de Trinity College de Dublín e a Universidade de Queens revelou polo menos dúas ondas de migración á illa nos últimos milenios.

A análise dos restos duns 5.200 anos de idade,suxeriu que a poboación de Irlanda nese momento estaba estreitamente relacionada xeneticamente a outras de Europa do sur e Norte de África.

O ADN norteafricano dos galegos

O estudo elaborado pola Universitat Pompeu Fabra de Barcelona e a Universidade de Leicester (Reino Unido), no que colaborou o director do Instituto de Mecina Legal da Universidade de Santiago, Ángel Carracedo, revela que as persoas con ascendencia norteafricana son máis frecuentes no oeste que na zona oriental da Península. “É sorprendente que Asturias, Galicia ou León teñan unha taxa de similitudes máis alta que zonas como Valencia ou Granada, onde houbo máis presenza de musulmáns”, indicaba unha das investigadoras do estudo, Elena Bosch, na presentación do mesmo tal.

Segundo esa investigación, a nivel estatal, Castela La Mancha é a comunidade con menos ascendencia norteafricana mentres que Galicia e Baleares lideran este particular ranking. Para chegar a estas conclusións, os científicos analizaron o cromosoma de 1.140 españois -88 en Galicia- e comparáronos con mostras de cidadáns do Magreb. “As diferenzas entre ambos son claras e, por iso, recoñecer cales teñen orixe africana é sinxelo xa que o cromosoma só varía se se produce unha mutación”, recollía o estudo.

Máis sobre esta temática nos artigos:

“Que teñen en común o ADN, a lenda de Breogán, os celtas e a conquista galega das Illas Británicas?”.

“Os celtas viñeron de África?”

Pode que che interese...