fbpx
Castro de Chandebrito / Miguel Núñez

Así quedaron algúns dos bens do patrimonio galego que arderon o domingo

Tempo de lectura: 3 min.

O pasado domingo media Galicia ardeu na peor vaga de lume que ten sufrido este país; cando o caos pasou, soubemos que algúns bens patrimoniais, algúns declarados BIC, quedaron queimados por completo.

HdG tenta facer un percorrido por ese patrimonio negro, queimado, para concienciar aos lectores da necesidade de protexer os nosos bens para evitar atentados como estes.

Así quedou o Castro de Chandebrito. Un poboado que estivo habitado entre os séculos V a.C. e II da nosa era e que fala tamén do control e dominio xa en época romana da zona.

Castro de Chandebrito queimado / Foto: 1 punto 1 Fotografía

Así era antes:

Castro de Chandebrito, en Nigran / patrimoniogalego.net

Torre de Méndez, en Nigrán, restos dun pazo do século XVI, queimado / Foto J.M. Fajo

Así era a Torre de Méndez, en Nigrán, antes de queimarse / Foto Patrimoniogalego

 

 

 

E así a Torre de Méndez, en Camos, Nigrán, os restos dun magnífico pazo, tamén BIC, do século XVI, hoxe en ruínas. Os muros que se poden contemplar na actualidade formaban parte da fachada principal do pazo e das súas dependencias interiores. Da capela consérvanse as fornelas e un amplo arco de medio punto, sobre o que se pode ler: “Esta capilla es de Antonio Méndez Ozores de Sotomayor”.

 

 

Tamén a fortaleza ou “castro do Galiñeiro” quedou moi afectado.  No cumio deste monte que domina o Val Miñor estiveron, probablemente, un antigo castro e unha fortaleza medieval.

Fortaleza do Galiñeiro / Foto aérea: 1 Punto 1 Fotografía

E, así era antes:

Fortaleza do Galiñeiro antes de queimarse / Soledad Felloza

A Fortaleza de Monterreal, en pleno de centro de Baiona, tamén se viu afectada polos lumes.

A Fortaleza de Monterreal, en Baiona, tamén ardeu / Foto aérea: 1 punto 1 Fotografía

Pode que che interese...