fbpx
Camiño de Entre-Hortas, do século XVII, na aldea de Imo, en Dodro, cuberto de formigón / Xoán Xosé Vicente

O desprezo dun alcalde cara o seu patrimonio. Cronoloxía dun esperpento

Tempo de lectura: 4 min.

Esta é a cronoloxía dos feitos da actuación case insultante do rexedor de Dodro cara o seu patrimonio, en concreto, tras as obras realizadas no camiño de Entre-Hortas, do século XVII, na aldea de Imo, un precioso pasadizo de pedra que foi cuberto de formigón….

20-01-2017. Primeiro pleno despois da obra

A Unidade Veciñal de Dodro fai a seguinte pregunta:
“Na aldea de Imo, temos unha antiga entrada á aldea formada por muros de pedra de manpostería de unha altura de mais de catro metros a ámbolos lados, con un pasadizo, tamén de pedra, que comunica por arriba as dúas fincas que ate fai pouco estaba cuberto por unha lata e que se coñece como camiño de Entre-Hortas.
Este camiño esta inventariado no traballo da Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño “Inventario do Patrimonio Etnográfico Inmobiliario” coa clave AV01133 depositado na Consellería de Cultura e protexido polo PXOM dentro do contorno de protección dos Conxuntos Históricos da Eira das Cabanas e dos Hórreos da Lavandeira.
Entre-Hortas sufriu unha alteración na súa estrutura consistente nun aumento da altura dun dos seus muros a base de formigón.
Considerando que na normativa do PXOM ven indicado claramente: “Os pechamentos serán en todo caso de materiais tradicionais, permitíndose como excepción ao anterior a colocación de peches rústicos constituídos por portes e arame”.

Ten constancia diste feito e que actuacións levou a cabo ou vai levar ante a Dirección Xeral de Patrimonio?

Resposta do alcalde: “A obra foi comunicada polo promotor e requiríuselle para que presentara a documentación necesaria” ante a insistencia por parte deste grupo en saber se hai expediente de reposición da legalidade o alcalde contesta: “ Imos ver, cando vostede ten un ben patrimonial o primeiro que debe facer é conservar o ben, por riba de obter primeiro a licenza. Primeiro, asegurarse o ben, iso primeiro, e despois proceder á legalización” todo o contrario do que di a Lei de Patrimonio de Galicia.

Camiño de Entre-Hortas, en Imo, Dodro, no inventario de bens protexidos

Pleno de 20-05-2017
Pregunta:
No pleno do 20 de xaneiro de 2017 formulamos pregunta por escrito sobre as obras no muro de Entre-Hortas en Imo na que facíamos constar que “sufriu unha alteración na súa estrutura consistente nun aumento da altura dun dos seus muros a base de formigón.” e que está protexido polo PXOM. Nesa mesma sesión o alcalde informou que estaban á espera de que o promotor das obras entregara a documentación solicitada polo concello.Despois de mais de catro meses, como está a situación legal desta obra?

Resposta do alcalde: “O promotor remitiu a documentación e pasouse ao Servizo de Patrimonio.” Refírese á comunicación de inicio de obra que Patrimonio denegou.

 

Pleno de 20-09-2017
Pregunta:
Sobre a obra realizada no muro de Entre-Hortas en Imo que está protexido polo PXOM e pola Lei de Patrimonio de Galicia, que consistiu nun engadido de formigón, xa preguntamos en varias ocasións neste pleno e o alcalde nos respondeu dunha vez que “estaban a espera da aportación de documentación para a súa “legalización” e doutra vez que “O promotor remitiu a documentación e pasouse ao Servizo de Patrimonio” e que estaba o expediente á nosa disposición.
Postos en contacto co técnico urbanístico do concello para consultar dito expediente nos comunica que non existe expediente ningún e o único que tiñan era unha comunicación previa de inicio de obra que unha vez consultado coa Dirección Xeral de Patrimonio non foi autorizada, loxicamente.
Ante todo isto:
– Como é posible que vostede diga nun pleno, do 20 de xaneiro deste ano, que “Imos ver, cando vostede ten un ben patrimonial o primeiro que debe facer é conservar o ben, por riba de obter primeiro a licenza”? No Castro de Bexo, vostedes abriron expediente por non pedir licencia primeiro… Algún muíño en perigo de derrube en Xunta de Goberno vostedes denegaron licencia de obra para rehabilitación. Ou no caso das ordes de execución en Teaio onde lles exixen as obras necesarias para a adecuada conservación do muro pero debendo solicitar previamente autorización do Servizo de Patrimonio Cultural. – En que quedamos?
-Entón se vostede ten un dolmen na súa finca cun esteo a punto de derrubarse o primeiro que fai e botar formigón arredor del para aseguralo, moito antes de pedir licencia ou consultalo coa dirección Xeral de Patrimonio?
– Que documentación debería presentar para legalizar este tipo de actuación?
– Despois de mais de un ano de este atentado contra o patrimonio de Dodro, que actuacións vai facer este goberno?
– Vai pasar coma co reloxo de sol de Castro, único en toda a comarca, que o concello contribuíu á súa desaparición?
– Porque non coida do noso patrimonio que representa o noso pasado e a nosa memoria? porque un pobo que ignora todo isto non ten futuro nin identidade propia, aínda que isto último a vostedes é o que menos lles preocupa.

Resposta do alcalde: “ seguimos á espera da documentación para poder legalizar a obra” OLLO: no pleno anterior dixo que xa entregara a documentación e que estaba en patrimonio.

Resume: No primeiro pleno dinos que están á espera da documentación, no segundo que xa lla remitiron a patrimonio e no terceiro que aínda están a espera da documentación. Un despropósito.

Pode que che interese...