fbpx
Recreación da chegada de Colón á Española

Un estudo de ADN tentará aclarar se Cristobal Colón era ou non era galego

Tempo de lectura: 2 min.

A orixe de Colón xera un verdadeiro misterio ao seu ao redor xa que hai distintas teses, como a relativa á súa orixe mallorquina, galega, alcardeña (Guadalaxara) e mesmo dúas máis sobre a súa procedencia portuguesa e a súa vinculación á familia real lusa. Todas estas, ademais, da teoría italiana.

Pero agora, un estudo xenético tentará aclarar este misterio e “afrontar a análise definitiva” dos restos de Colón, o seu fillo e irmán ao cotexarlos cos restos dos seus posibles antepasados, segundo as distintas teorías.

O profesor José Antonio Lorente, director do Laboratorio de Xenética Forense da Universidade de Granada, será o encargadode facelo. Así, explicou que van estudar as mostras ao longo do ano e 2018 para tentar establecer algún dato que poida confirmar as diferentes hipóteses que hai sobre a orixe de Colón.

Cre que no ano 2018 concluirá o estudo que leva a cabo sobre a orixe de Cristóbal Colón e sobre a que falou nunha conferencia en Huelva sobre ‘Os últimos avances realizados e a estratexia de traballo futura para a identificación dos restos do Almirante Cristóbal Colón’.

Casa da crus en Poio que relacionan coa casa natal de Colón

Senon hai probas concluíntes, Colón será italiano

“En todas esas teorías temos mostras coas que facer unha comparación directa e nese sentido imos tentar traballar ao longo dos próximos meses para conseguir comprobar a súa orixe”, remarcou, antes de explicar que, se finalmente, ningún resto destas teorías coincide coa xenética dos restos de Colón, pois prevalecerá a italiana, aínda que lembrou que en Italia non hai restos de familiares directos aos que recorrer para facer o cotexo.

O traballo de Lorente e o seu equipo comezou en 2003, unha vez localizaron os restos de Colón; unha parte están soterrados na catedral de Sevilla e hai outros en República Dominicana, onde “non hai un esqueleto completo polo que todo leva a pensar que a metade están alí e logo trouxéronse aquí a outra metade”. Así, foi nesta primeira fase inicial do estudo cando puideron facerse con restos do almirante, o seu fillo e irmán que agora lles permitirán comparalos cos dos seus posibles familiares.

Retrato supostamente de Pedro Madruga, caracterizado coma un navegante e que algúns relacionan con Cristobal Colón

Colombo e Colom

Dentro do seu arduo traballo, entre os anos 2010 e 2012 tentaron establecer o tipo de cromosoma E das persoas co apelido ‘Colombo’ en Italia e ‘Colom’ na zona de Cataluña, Baleares e Valencia pero “as tecnoloxías non eran suficientemente potentes” para iso.

Así, contou que desde para poder establecer a orixe, de maneira que os promotores das distintas teorías son os encargados de pedir os permisos para as exhumacións que correspondan e así poder comparalos cos restos que no seu día exhumaron da catedral de Sevilla.

Pode que che interese...