fbpx
Imaxe idealizada dos celtas

Un dos principais xornais do Golfo Pérsico di que Galicia é a “séptima tribo dos Celtas”

Tempo de lectura: < 1 min.

Gulf News, un xornal que ten a súa sede en Dubai e que é un dos máis importantes de fala inglesa do Golfo Pérsico, tamén fala do pasado celta de Galicia.

Nunha reportaxe sobre a crise desatada no Estado español a conta da independencia de Cataluña, o xornalista Mick O’Reilly estivo pola comarca de Ferrol e aproveitou para describir como son os galegos e tamén como é a súa historia, cultura, xeografía e costumes.

Así, suliña que “os galegos están considerados como a séptima tribo dos Celtas“, logo dos irlandeses, os escoceses, os galeses, os bretóns “do noroeste de Francia”, os cornualleses “do suroeste de Inglaterra” e os habitantes da illa de Man, “unha illa no medio do Mar irlandés, a medio camiño entre o noroeste de Inglaterra e Irlanda”, relata.

O xornalista tamén destaca que en Galicia está “a fin do mundo”, Fisterra, e que a este país chegaron o fenicios, romanos, viquingos e “outros invasores”. Ademais, lembra que Galicia foi moi coñecida durante a Idade Media, pola tumba do apóstolo, con peregrinos que viñan de varios puntos de Europa a través de Francia e o norte de España.

Por outra banda, Golf News tamén salienta a pluralidade da realidade española que é froito dunha “complexa” historia na península ibérica onde se asentaron fenicios, cartaxineses, romanos e “tribus como os Gallaeici, os Lusitanii, os cantábricos, os vascóns, os visigodos, os suevos ou os vándalos”.

Pode que che interese...