fbpx
Recreación de como podería ser unha gran vila agrícola romana / Ayuntamiento de Buñol

Queres coñecer como podía ser a vida nunha vila galega en época romana?

Tempo de lectura: < 1 min.

O Centro de Interpretación de Caldoval acolleu este sábado as primeiras xornadas sobre o legado romano no actual Concello de Mugardos. Especialistas no mundo romano deronse cita no museo do Caldoval, do que xa falou HdG, e ofreceron diferentes conferencias sobre varios aspectos relacionados cos xacementos atopados no municipio.

Nas xornadas participaron Susana Ricart, a directora das escavacións do xacemento arqueolóxico de Caldoval. A continuación, tomou a palabra a maior experta en baños romanos do noroeste peninsular, Silvia González Soutelo, membro da GEAAT da Universidade de Vigo e investigadora do MINECO.

Centro de Interpretación das ruinas romanas de O Caldoval, que conservan o único balneario rústico romano reconstruído de Galicia / Coptisa

Tras un debate moderado pola tenente de alcaldía Mª Dolores González Lorenzo sobre o patrimonio romano en Galicia; comezou a charla do técnico do xacemento de Cambre, Ramón Boga, que falou sobre a posta en valor duns baños privados romanos. Xa pola tarde foi a quenda para Fernando Lillo, especialista en xogos romanos, que expuxo a importancia dos espazos de ocio na Antiga Roma.

Seguidamente, o arqueólogo e xestor cultural Leonardo González analizou o proceso de creación e posta en valor dun novo produto turístico e cultural como é o xacemento do Caldoval para Mugardos. As xornadas concluiron cun debate sobre as posibilidades de desenvolvemento dunha estratexia en prol do patrimonio romano galego.

Pode que che interese...