Soldados durante a I Guerra Mundial

O espía alemán que operou en Galicia e foi fusilado polos ingleses durante a I Guerra Mundial

Galicia, como xa se comentou noutra reportaxe anterior, foi un importante teatro de operacións dos submarinos alemáns durante a I Guerra Mundial. Unha situación que provocou que os portos galegos foran puntos de encontro de numerosas tripulacións internacionais, entre eles, os alemáns. As crónicas da época contan que case non falaban ou procuraban non falar e, ás veces, ata ían con roupas semellantes a dos mariñeiros galegos, roupas vellas e pouco vistosas.

De todas formas, houbo un que se relacionou máis coa xente local, pero que un día desapareceu da comarca para non voltar máis. Manuel Lastres, historiador coruñeś e home de letras da época, chegou a coñecelo. Nos seus escritos lembra que, evidentemente era un forasteiro e bastante alemán, pero non vestía como os outros alemáns, senón que semellaba un “señorito” de cidade e parecía ter 20 ou 21 anos de idade.

Recreacón dun submarino alemán da I Guerra Mundial

Segundo se soubo despois, o falar con mariñeiros nas tabernas, tratou de alugar un barco sen dicir a onde quería ir. Cando lle preguntaban dicía que tiña que ir a un punto da costa porque perdera un obxecto, unha caixa de ferro, dicía, e quería recoñecer o lugar onde a perdera. Insistía en que a viaxe sería ben pagada. De feito, ensinaba unha chea de cartos, pero todo isto, máis que convencer aos mariñeiros galegos, púxoos en alerta… O que buscaba, sen dúbida, era un submarino para dar conta da súa actividade de espionaxe. E, aínda que estaba tan preto da costa, era imposible embarcar nel por terra.

Os ingleses, en alerta

As súa teimudez en atopar un barco alertou ás autoridades. Finalmente, conseguiu alugar un na Coruña, o vaporciño chamado Wiking. E Temendo, como nas outras ocasións, que non o quixeran levar non dixo nada ata chegar a alta mar, e alí en vez de dirixirse ó Norte, mandou poñer proa ó Sur, sitio frecuentado por submarinos. Pero os tripulantes negáronse a obedecelo. O Wiking volveu para A Coruña.

Tras novas xestións, o mozo alugou outro barco chamado Caronte, pero a tripulación do Wiking xa falara de máis e a súa historia chegou a oídos das autoridades inglesas da Coruña, que comezaron a vixialo. Cando o Caronte saíu de porto, os ingleses comezaron a súa propia operación e interceptarono en augas internacionais. Segundo contaron os tripulantes, o mozo só se preocupou de facer desaparecer uns papeis.

E que papeis eran eses? A quen llelos levaba? Por que o verse perdido, tratou unicamente de queimalos?… Son preguntas que nunca, ninguén, poderá saber. Días máis tarde, soubose pola prensa que un alemán de 21 anos prendido no medio do mar foi conducido por un buque británico ata Brest. E alí foi fusilado.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Divulgador

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: