fbpx
O pintor Mario Rodríguez en Tomiño, fronte ao río MIño / Concello de Tomiño

Morre o pintor Mario Rodríguez, republicano confeso e exiliado polas súas ideas políticas

Tempo de lectura: < 1 min.

Este inicio de ano chegou cunha noticia triste. Morría Mario Rodríguez, pintor e republicano confeso. O artista foi atopado morto na súa casa o primeiro día do ano.

Mario naceu e Figueiró (Tomiño) o 24 marzo 1931, no seo dunha familia republicana, que tras o golpe militar de 1936 sufríu de xeito directo a cruel represión do réxime franquista. O seu pai, Francisco Rodríguez Otero, de profesión practicante e figura política do movemento agrarista, foi fusilado nos comezos da guerra civil.

A súa nai, Isaura Gómez Pérez, padeceu a represión polo seu compromiso coa causa republicana como escritora e como viúva de fusilado. Foi exiliado en Bos Aires, e acollido pola intelectualidade galega. Tamén estivo varios anos en Londres e foi recoñecido pola súa arte en distintos países.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, lembrou que era “un exemplo” a seguir e o seu falecemento deixará un importante baleiro na vida cotiá desta vila. “Quedámonos co teu compromiso, co teu republicanismo, coa memoria que teimudo pelexabas para que se mantivera viva, coas historias de Bos Aires, de Londres, de Paquiño e Isaura…”, dixo.

En setembro pasado, Mario Rodríguez era homenaxeado na súa vila natal pola súa actividade artística e o seu compromiso político. Un acto ao que acudía a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amiga persoal do pintor.

Pode que che interese...