Solsticios e lunasticios: A complexa organización espacial das necrópoles megalíticas do Barbanza
O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) acaba de presentar uns interesantes vídeos que mostran unha representación performativa da organización espacial da paisaxe antiga dunha das necrópoles megalíticias máis espectaculares de Europa, as da serra do Barbanza, unha das primeiras construídas polos humanos en Europa occidental.
Así, e segundo recollen estes vídeos, as mámoas transforman o tempo en temporalide mediante o control do calendario e dos ritmos temporais e astronómicos e crean unha rede de orientación que marcan eventos astronómicos, solsticios e lunasticios. De feito, as saídas e postas de sol no solsticio de inverno tiveron unha especial importancia.
Nestes vídeos podes entender a complexicade desta necrópole e a súa estrutura no espazo e a relación cos fenómenos temporais. Fonte: Galicia Confidencial.