fbpx
Fotomontaxe dunha pantasama co castelo de Soutomaior / cadenaser.com

Unha pantasma redescuberta no Castelo de Soutomaior, novo reclamo turístico

Tempo de lectura: 2 min.

Casa Moreno. Arquivo de Arte Español (1893-1953). [María Vinyals, Marquesa de Ayerbe]. Instituto do Patrimonio Cultural de España. MECD

A Deputación de Pontevedra impulsará a lenda do ‘Alemanote‘, a pantasma que convivía no castelo de Soutomaior coa marquesa María Vinyals e o seu marido, segundo recollen os escritos e documentos desta.

Esta pantasma foi descuberta pola marquesa María Vinyals, xa que, nos seus escritos e documentos, recolle a historia do ‘ Alemanote’, un espectro que tanto ela como o seu home terían visto en varias ocasións en dependencias do castelo. Tal e como publicou Historia de Galicia, María Vinyals tivo relación con numerosos intelectuais da súa época e María Vinyals e chegou a ser coñecida como a “marquesa roja” de Galicia.

De feito, este “descubrimento” será utilizado xa coma un reclamo turístico. Segundo destacou este venres en rolda de prensa a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “até agora pensábase que o recinto histórico tiña unha carencia”, xa que, ao contrario que a maior parte dos castelos, que teñen lendas de pantasmas asociadas, en Soutomaior eran descoñecidas. “Agora si que semella que existe unha pantasma”, dixo e adiantou que ‘o Alemanote’ terá “un papel moi destacado e importante no castelo” o próximo verán.

“Somos historia”

A presidenta da Deputación tamén fixo balance da presenza da institución provincial en Fitur, e falou dunha “acollida espectacular” da nova campaña de promoción do destino Rías Baixas baixo o nome de ‘Somos Historias’, que pon en valor o patrimonio da provincia co fío condutor da figura de María Vinyals.

Tamén confirmou que a institución provincial comezou a preparar a Asemblea Nacional da Ruta dos Fenicios que acollerá a provincia en novembro. Tamén se estableceron acordos para, a través doutros dous programas de televisión, promover outras comarcas e rutas, en liña coa aposta deste ano de mostrar a provincia de Pontevedra a través do patrimonio.

Pode que che interese...