fbpx
Luis Monteagudo na escavación do castro de Elviña / A Lucenza do Abade

Morre Luis Monteagudo, o arqueólogo rebelde que loitou na Guerra Civil e percorreu Europa en bicicleta

Tempo de lectura: 2 min.

O arqueólogo e filólogo Luis Monteagudo García faleceu este mércores aos 98 anos de idade na súa casa de Santiago de Compostela. Membro dunha xeración case extinguida de arqueólogos, Monteagudo destacou por ser un investigador precoz e tamén un rebelde do seu tempo. As súas inquedanzas e as súas ideas provocaron que fora “depurado” polas autoridades franquistas.

Nado na Coruña en 1919, Luís Monteagudo foi profesor na Universidade de Santiago, da que tamén foi Catedrático de Historia, e desde onde promoveu a primeira escavación do Castro de Elviña en 1947. Foi director do Museo de Ávila, do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña e tamén dirixiu o Museo de Berlín. Ademais dos seus coñecementos sobre arqueoloxía, falaba varios idiomas e era un experto latinista.

Foi membro do Deutsches Archäologisches Institut de Berlín, colaborador de Prähistorische Bronzefunde e correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega. De feito foi criticado por ese “filoxermanismo”. Con todo era un “rara avis” dentro da súa profesión e mesmo chegou a percorreu en bicicleta media Europa visitando museos e coleccións.

Con 15 anos escavaba

Monteagudo empezou as súas escavacións moi mozo. Con 15 anos escavou sitios arqueolóxicos coa Asociación de Amigos del Campo. E sendo menor de idade tamén participou na Guerra Civil do lado dos alzados. Foi ferido dúas veces, unha cun anaco de metralla na cabeza e outra cun tiro da 11 División de Líster.

Posteriormente, desde a Universidade de Santiago promoveu a primeira campaña de escavacións no Castro de Elviña en 1947, das que foi apartado por motivos políticos. Foi director do Museo de Ávila e posteriormente foi nomeado director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. En 1975 foi apartado do posto pola súa defensa a ultranza do Museo e o Patrimonio Arqueolóxico e enviado en comisión de servizos forzosa ao Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela onde se xubilou. Aínda así, sempre se considerou “Director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Cruña por oposición, non por dixitación“.

Pode que che interese...