HdG visita o polémico acceso ó castro a Cibdá de Borneiro en Cabana e así quedou…
O pasado 3 de marzo saltaba ós medios a intervención desenvolvida pola Dirección Xeral de Patrimonio no acceso ó castro A Cibdá na parroquia de Borneiro, en Cabana de Bergantiños, tal e como xa contou HdG. A intervención, entendida como acondicionamento dun acceso que ata este momento se facía coma un simple camiño de terra, causou unha certa polémica nas redes sociais ó atopar un certo rexeitamento por parte de algúns veciños.
A polémica xurdiu a partires do uso dos materiais no castro, especialmente do formigón color antracita que foi usado para os chanzos das escaleiras e máis para o camiño de acceso.De feito, este portal desplazouse ao lugar para comprobar como fora esta restauración e este é o aspecto da intervención.
