fbpx
Vista de Muxía / bluscus

Os Antelo, Currás, Haz, Sambade ou Toba… Afondan nos apelidos históricos dunha parte da Costa da Morte

Tempo de lectura: < 1 min.

No último número editado, o XIII, da revista “Nalgures” da Asociación de Estudios Históricos de Galicia, José Enrique Benlloch del Río publica un  artigo sobre a historia de Muxía, no que se centra na igrexa parroquial de Santa María e nos antigos apelidos da vila.

Nel fai un estudo de numerosos apelidos muxiáns, especialmente centrado nos séculos XVII e XVIII. Analízanse unha trintena de nomes de familia en clave local e tamén a súa pervivencia actual e en que municipios.

Sobre todo, a investigación céntrase nos apelidos Antelo, Currás, Haz, Sambade ou Toba, entre outros. Estúdanse tamén as árbores xenealóxicas de tres casas muxiás: os Ballón e os Broz de Castro no s. XVI e os Roa nos s. XVIII-XIX. Para coñecer esta información, Benlloch investigou os libros da igrexia parroquial de Santa María de Muxía, así como os que se conservan no compostelán Arquivo Histórico Diocesano.

Neste artigo tamén faise unha descrición detallada da parroquial muxiá e desbótase unha vinculación da vila co mosteiro de Carracedo en León. O artigo de Benlloch desmonta minuciosamente todos os ángulos da inxustificada alusión a Carracedo. O máis sorprendente da persistencia dese mito é que por antigüidade sería mesmo irrelevante, desde o momento en que Muxía conta cunha referencia -esta si contrastada- moi anterior ao inicio do século XIII. En concreto remontámonos ao 1176, ano dun documento polo cal Fernando II, rei de Galicia e León, lle concede os dereitos sobre o porto de Muxía ao abade do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Tirado do xornal comarcla quepasanacosta.gal

Pode que che interese...