fbpx
Labra heráldica das ruínas de Santo Domingo / Escola de Conservación

Os futuros restauradores amosan a súa valía con pezas do Museo de Pontevedra

Tempo de lectura: 2 min.

Froito da colaboración que a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia mantén co Museo de Pontevedra, os alumnos do centro remataron os traballos sobre varias pezas que foron devoltas recentemente a este centro.

Desde agora, o público poderá desfrutar novamente delas en todo o seu esplendor. Entre estes obxectos están unha Santa Bárbara, de pedra policrimada; unha labra heráldica das ruínas de Santo Domingo e un molde de petróglifo.

Labra heráldica das ruínas de Santo Domingo, antes da súa restauración / Escola de Conservación e Restauración

Labra heráldica das ruínas de Santo Domingo despois de ser restaurada / Escola de Conservación e Restauración

Esta colaboración continúa co depósito de novas pezas na Escola. Trátase dunha ecultura en mármol de Méndez Núñez con suciedade xeral e moteados pardos, unha cabeza femenina en granito policromado, con suciedade superficial e deschoesión dos restos de policromíase un sarcófago das Ruinas de Santo Domingo de Pontevedra cunha intensa colonización de liques e briófitos que ocultan os relevos heráldicos.

Creada no ano 1991, a Escola Superior de Conservación e restauración de Bens Culturais de Galicia é o segundo centro máis antigo de España e ademáis de formar profesionais,c olabora activamente na conservación do patrimonio da nosa Comunidade. É un centro oficial dependente da Xunta de Galicia e o único nesta comunidade que imparte o Título Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais, equivalente a todos os efectos ao Grao Universitario.