fbpx
Pintada realizada por unha estudante na Muralla de Lugo

A moza que pintou a Muralla de Lugo recoñece a súa “estupidez” e di que borrou a súa pintada

Tempo de lectura: 1 min.

Michela Scanio, a moza que realizou unha pintada na Muralla de Lugo hai uns días recoñeceu que cometeu un “erro” e unha “estupidez” tras o gran impacto que o seu feito tivo nas redes sociais. Por iso, anunciou que procedeu a subsanar o seu erro borrando o que escribiu.

Michela pintou nunha das lousas da muralla o seu nome e o que semella ser o das súas amigas “Giorgi, Ale, Ale”, mentres gravaba un vídeo que logo colgou na popular rede Instagram. Tras publicar Historia de Galicia a noticia, e inundarse as súas redes de comentarios, a estudante italiana decidiu borrar o vídeo.

Muralla romana de Lugo / senmais.com

Días despois púxose en contacto con este portal para recoñecer que ela fora a responsable do feito e recoñeceu que o que fixera fora unha “estuvidez”. “Non sabíamos a estupidez que fixemos nin sabíamos da importancia do erro que estabamos realizando”, asegurou.

“Sentímolo”

Nas súas declaracións a Historia de Galicia recoñece que procederá a borrar a pintada porque non a fixo cunha pedra. “Sentímolo”, asegura sempre falando en plural por ela e o seu grupo de amigas.

En todo caso, pediu que se respectara a súa intimidade porque desde que se publicara a noticia, tanto ela, como as súas amigas estaban sendo “vítimas de violencia verbal”. Historia de Galicia comprobou hai uns días que, efectivamente, a pintada fora borrada e non quedaba ningún resto da mesma .

Pode que che interese...