fbpx
Recreación dun caudillo viquingo / legadohistoria.blogspot.com.es/

Como ilustrar a ocupación Sueva, a construcción da Catedral de Santiago ou os asaltos viquingos a Galicia

Tempo de lectura: 5 min.

Un debuxo do ilustrador Miguel Fernández

Miguel Fernández é ilustrador. Nado en Baralla estudou deseño gráfico na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón, de Lugo, ademais de realización de audiovisuais na Escuela Superior de Imagen y Sonido CES (Madrid), e cinema de animación e debuxos animados na ECAM (Escuela de Cinematografía y del Audiovisual da Comunidad de Madrid). Colaborou na realización da curtametraxe de animación en 2D Teatro mágico. Traballou para Animagic Studio nos filmes Los tres Reyes Magos, O Cid e Jester Till.

Esta fin de semana, Miguel Fernández participará no II Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia para falar das persoaxes e tramas medievais no cómic histórico en Galicia. Este evento terá lugar en Lugo entre o 4 e 5 de maio. Haberá obradoiros para que a rapazada aprenda a debuxar viquingos ou cabaleiros medievais, un roteiro histórico e unha sesión vermú de contacontos históricos. As persoas interesadas tamén poden levar aos seus fillos e fillas a un obradoiro de infantil teñen que apuntarse en https://historiadegalicia.gal/ii-encontro-banda-desenada-historica-de-galicia/. Para os que lles gusten as andainas tamén hai unha oferta interesante; unha visita ao lugo romano oculto (apuntarse en www.rutasdehistoria.gal).

 

É a segunda vez que participas neste Encontro de Banda Deseñada. Cal é a impresión que tes do pasado ano? Cres que este tipo de eventos son necesarios?

A verdade é que experiencia do ano pasado foi moi gratificante porque nunca se fixeran antes en Lugo unhos encontros de banda deseñada histórica. Incluso me atrevería a dicir que non hai encontros similares xa non só no resto de Galicia, senón no resto do estado.
Lugo ten un património único que achega a miles de persoas tódolos anos a cidade. A xente divirtese moitísimo participando na recreación histórica e deixan beneficios que son moi importantes para a economía local. Toda esta festa é para celebrar o importantísimo legado histórico da cidade. O da festa podería ser unha moda condenada a decaer nalgún momento se non se consolida ofertando algo máis. Se a parte da troula esto se reforza con cultura, seguramente terá máis oportunidades de manterse no tempo e incluso de medrar con garantías. Se estes encontros de Banda deseñada histórica terminasen por evolucionar hacia un festival de banda deseñada histórica atraendo a figuras importantes deste xénero a nivel español ou incluso a nivel internacional podería ser unha opción con moito corpo de cara o futuro, non si?. Ocorreseme que mesmo podería abrir outros nichos de oportunidades culturais e incluso económicas.

Este ano falarás da banda deseñada con personaxes medievais. Que particularidade hai no mundo da ilustración con este periodo histórico con respecto a outros?

A particularidade é que tradicionalmente este período histórico en España pasou a ser nos anos setenta un período a evitar na banda deseñada. A día de hoxe aínda non entendo a razón. Se miramos cara o mercado francés. Este período sempre deu e segue dando títulos importantes tódolos anos. Moitas veces con debuxantes españois, o cal delata que a culpa non é dos debuxantes senon máis ben a nivel editorial. Claro que a lavor de documentación que hai que facer inflúe no traballo dos guionistas e sobre todo no dos ilustradores. Hai que ter en conta que o Medievo son moitos siglos e non ten nada que ver o século XV co século X e o século X co século VI aínda que todo é medievo. Quero dicir, que tendemos a xeneralizar coa Idade Media e aquí non vale xeneralizar. Hai que ir máis ao concreto e non hai moita información específica que se salga do tópico globalizador, sobre todo a nivel gráfico. Sempre é boa cousa contar cun historiador de man, estudiar pinturas da época, etc. A nivel interpretativo eu sempre me inspirei en personaxes cercanos que desen o perfil. O medievo segue presente hoxe en día. Durmido, entumecido, aliviado polo estómago cheo. Pero segue ahí..

E que periodos ou partes da historia medieval galega consideras que poden ser interesantes para unha trama en BD?

Sendo un período tan extenso, Haberá indubidablemente momentos moi atractivos e ricos para ambientar unha boa historia medieval. Veñenme a cabeza a ocupación Sueva, a construcción da Catedral de Santiago ou mesmo os asaltos vikingos as nosas costas.

En Lugo, camiño do segundo tomo da Espada de San Eufrasio do ilustrador Miguel Fernández

Ti estudaches na escola Ramón Falcón de Lugo. Son importantes as escolas de arte en Galicia para o futuro dos ilustradores?

As escolas de arte son fundamentais para a formación de futuros ilustradores. Se non existiran habería que inventalas. Responden a unha demanda moi concreta. Non toda a xente que está en belas Artes termina sendo ilustrador/a. Moitos ilustradores, eu incluído quedaríamos fora.

Como ves as novas xeracións?

Moito máis encamiñadas a o mundo dixital e das tecnoloxías. Todo vai cambiando moi rápido e o perfil dos ilustradores tamén.

No segundo capítulo da Espada de San Eufrasio, do ilustrador Miguel Fernández, hai bestas perigosas… de duas e de catro patas.

E cres que hai futuro no cómic histórico?

Sempre estivo ahí e seguirá estando. En Francia tódolos anos se editan traballos de éste xénero. Foi aquí en España onde a partir dos anos 70 mais ou menos cando se abandonou o interese por éste xénero que tantas posibilidades ten. Máxime en Galicia onde temos un patrimonio tan rico e evocador.

Ti tamén te tes adentrado no cómic negro. De feito tes sido premiado por iso. Que diferencia á banda deseñada histórica da historia negra?

Manel Craneo o outro día viña a dicir que é tan histórico o que pasou hai dez anos como o que pasou hai 10 seculos. O mesmo tempo, o que pasou hai séculos tamén pode ser moi negro como se mostra en películas coma “El nombre de la Rosa” de Jean Jacques Annaud. Eu non creo nos xéneros creo, nas boas historias. Para min o máis importante é a motivación cando abarco un proxecto. Son horas, días, meses de traballo como para meterme nunha historia na que non creo . Eu prefiro abarcar historias nas que creo firmemente.

E como ves o panorama galego da banda deseñada?

Difícil pero non imposible.

 

Miguel Fernández acadou no 2004 o premio ao mellor cómic de xénero negro na sexta edición do Festival Internacional de Cinema Negre de Manresa (Fecinema), pola obra ‘Yo no trabajo gratis’. Publicou en 2010 a novela gráfica Mamed Casanova: O fillo da Furia (con Manolo López Poy, en Demo Editorial), que sería traducida a castelán o ano seguinte baixo o título de ‘El hijo de la ira’ (Diábolo Ediciones/Demo Editorial). En 2013, ‘Os días do cometa’ foi unha nova colaboración dos dous autores, tamén en Demo Editorial, e en 2014 publicaron xuntos ‘A las cinco de la tarde’ (Diábolo Ediciones, con versión en castelán, italiano e alemán). Como tándem creativo teñen colaborado tamén coa revista de fantasía Cthulhu (Diábolo Ediciones).

Pode que che interese...