fbpx
Pintada realizada por unha estudante na Muralla de Lugo

Unha rapaza dana a muralla de Lugo e colga o vídeo en Instagram

Tempo de lectura: < 1 min.

 

“Chicas”, isto é a o que se escoita de fondo despois de rematar o seu traballo orgullosa. Nin mais nin menos que escribir nas lousas superiores do antepeito da muralla romana de Lugo algo semellante o seu nome e o que semella ser o das súas amigas “Giorgi, Ale, Ale”. O feito foi levado adiante por unha rapaza á que, non so se lle ocorreu a brillante idea de escribir na muralla, senón tamén filmalo co móbil e pendurar o vídeo na rede social Instagram cunha privacidade aberta. Nel, como se ve, a moza, no mellor dos casos cun xiz ou no peor cunha pedriña, escribe ou grava os nomes no monumento Patrimonio da Humanidade.

O feito ocorreu vai uns cinco días e nel reparou un usuario da rede social rebotando o vídeo, tanto na propia plataforma, coma en foros sobre patrimonio e cultura. O vídeo, que comeza a facerse eco nas redes, está titulado pola propia rapaza “Roman walls of Lugo”, e nel se ve sen problema o feito con total naturalidade.  Mais no perfil da propia moza xa aparecían comentarios coma “Roman walls of Lugo… ou como cargarse o patrimonio cunha pedra. Falta de Neuronas!!!” ou “vídeo baixado! Espero que Patrimonio che cobre os danos”, declaraban indignados algúns usuarios da rede.

Tras publicar a nova, as redes sociais de HdG recibiron comentarios nos que se apunta quen podería estar detrás deste feito, con nomes e apelidos.

 

Pode que che interese...