fbpx
Eduardo Pondal co logo do Festiletras

A aldea do Couto, en Ponteceso, herda co Festiletras o espírito literario de Pondal

Tempo de lectura: 2 min.

Un frío 8 de febreiro de 1835 nacía na pequena vila de Ponteceso Eduardo María González-Pondal Abente, Eduardo Pondal. Foi o terceiro agasallado, alá polo ano 1965, no Día das Letras Galegas, despois de que en 1963 se lle dedicara a Rosalía de Castro e en 1964 a Alfonso Daniel Rodríguel Castelao. Moi preto da súa casa natal, ó pe da desembocadura do río Anllóns, a tan so un par de quilómetros en dirección Corme da súa casa natal, atópase a aldea do Couto. Nesta pequena aldea de apenas un cento de habitantes celébrase dende vai 36 anos, unha das citas literarias e musicais máis importantes de Galicia: o Festiletras.  

“soño derradeiro           onde fita o silenzo:     eterno e apacibel                no mar aquel…                      …dos meus versos”                              Órcar de SoutoE é que  precisamente fai 36 anos, o mesmo ano que se aprobou o Estatuto de Autonomía, na aldea do Couto decidiron actualizar o espirito do bardo e demostrar, en palabras da organización, que “a cultura non é so tarefa das grandes cidades”. E non é sen razón, xa que o festival é un dos grandes referentes literarios para celebrar o día das nosas letras. O Festiletras e un gran evento centrado na palabra, na que todos os anos se fan actos literarios e recitais poéticos, na musica, tanto tradicional, de raíz ou de fusión, o teatro, regueifa, xogos populares e artesanía, entre outras moitas actividades dirixidas a públicos de todas as idades.

Nel se dan cita veciños dos concellos de Bergantiños e actores culturais de toda Galicia. Precisamente o ano pasado a festa cumpría 35 anos, celebrando ó tempo o centenario do pasamento do bardo, dentro do marco das celebracións que por toda Galicia se fixeron. Daquela o festival consolidouse como unha cita imprescindible, contando este ano de novo cun meritorio programa. Como todos os anos conta con actuacións teatrais, este ano da man de Os Quinquilláns, cunha obra exclusiva baseada na vida do veciño de Corme, o científico José María Mosqueira Manso, cunha importante mostra de artesanía, e, como novidade, un Festiciencia, un espazo creativo para os máis pequenos.

““a cultura non é so tarefa das grandes cidades”Xunto coa poesía, a artesanía e o teatro, a gran protagonista do Festiletras é a música. Este ano conta con grupos de música tradicional, contemporáneas e de raíz como as Tanxugueiras, o grupo folclórico Sons do Castro, o dúo feminino de fusión Vodoo, a cantante francesa Camille Hédouin, no seu proxecto Mounqup, o dúo musical Fetén Fetén, o acordeonista Xavi Solano, os barceloneses Txarango, o trío de fusión IGMIG, o grupo punk Turbatalina ou  Xurxo Souto e Sés. Este ano tamén se contará coas regueifeiras Alba María e Lupe Blanco, o ilusionismo do Mago Antón, ou a pintura in situ do hiperrealista Joseba MP. O festival desenvolverase dende hoxe día 16 ata o domingo día 20.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...