fbpx
Situación do castro de Montealegre, afectado pola autovía do Morrazo

Abren tramos da Autovía do Morrazo, a vía que se tivo de modificar por un castro

Tempo de lectura: < 1 min.

O vindeiro venres abren ao tráfico dous tramos da polémica Autovía do Morrazo, a infraestrutura que vertebra toda esta polémica e que estivo rodeada pola polémica tras recoller o trazado inicial a destrución dun dos castros máis importantes da provincia de Pontevedra, o Castro de Montenegro.

Finalmente, e tras a presión social, en parte iniciada en Historia de Galicia, modificouse o trazado para conservar este importante ben patrimonial. De feito, a conselleira de Infraestruturas da Xunta, Ethel Vázquez, destacou este sábado que o túnel de Montealegre supuxo executar unha obra “de gran singularidade técnica”, da que “non se atopa outro exemplo en España, sendo “a primeira vez que se amplía o túnel”.

Esta ampliación do túnel permitiu preservar, na súa totalidade, o Castro de Montealegre, no que a Xunta subliña que “se traballou intensamente” ao realizar “unha ambiciosa campaña de escavación arqueolóxica”, en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que facilitou un labor de documentación do xacemento “de enorme valor histórico e cultural”. Podes ler toda a información en Xornal de Vigo e comarcas.

Pode que che interese...