fbpx
Cascallos apilados no solar derrubado en Marín / foto HdG

Así foi a desfeita no casco histórico de Marín. Fotogalería

Tempo de lectura: 2 min.

Marín foi unha desas vilas históricas de Galicia importante en determinados momentos da historia. Mais o seu casco histórico carece de protección. A pesares dos esforzos do Concello por mellorar o ambiente urbano e humanizar a vila, a falta dunha declaración e un planeamento que o protexa, o casco histórico se foi degradando paulatinamente ata o estado actual. Mais o pasado marzo a desaparición dun un importante sector da cidade, case un quinteiro enteiro no entorno da rúa Méndez Núñez, deuse un dos pasos máis importantes dos últimos anos para a desaparición deste.

Foi a destrución dun amplo conxunto de vivendas que polo xeral pertencían ó último terzo do século XIX e a primeira metade do XX, e unha factoría de salgadura que podería ser incluso moi anterior. O derrube, que se presentaba ademais coma un feito positivo en xornais como La Voz de Galicia, facíase para liberar o terreo e doar a pedra para unha edificación historicista que se habería de construír nunha aldea do Concello de Poio.

 

O derrube, que contaba coa autorización do Concello, foi levado a diante pola empresa Construcciones Esperón S.L., quen se encargou de xeito gratuíto do derrube a cambio de poder quedar coa pedra que resultase. Xeraríase así un grupo de solares limpos que haberían de servir para construír no futuro, mantendo inalterada a propiedade do terreo. O derrube, que se foi producindo por fases, dende decembro, segundo a aceptación dos propietarios, acabaría por completarse entre este pasado martes.

Segundo recollían outros medios a pedra resultante constituiría uns 2.000 metros cadrados de superficie e farían falla uns 30 tráilers para transportala por completo. Coa pedra resultante a empresa Esperón quere “rehabilitar” sete vivendas do lugar de Riomouro Pequeno, na parroquia poiense de San Xoán e transformalas nun gran centro de turismo rural. Mais esta pedra resultante procedería do derrube dun rueiro histórico, dunha antiga salgadura, unha das factorías máis importantes en tempos da vila e máis un xacemento romano detectado baixo o chan. Así quedou o lugar.

Pode que che interese...