fbpx
Fotografía da Exposición / Manuel Valcárcel

Ordes acolle a exposición “Auga, o sangue da terra”

Tempo de lectura: 2 min.

A auga, como afirmaba Otero Pedrayo, non é so a razón de ser do legado cultural de Galicia, é tamén a razón da vida sobre o planeta e do desenrolo das diferentes culturas no mundo. A relación coa auga determina o xeito no que nos diversos lugares o home enfróntase ó medio, ó entorno, tanto ó longo da súa historia como na actualidade. Así o considera o fotógrafo Manuel Valcárcel, e así o retratou en fotografías sacadas dos cinco continentes que Afundación na exposición itinerante Auga, o sangue da terra. Este pasado venres 4 de maio  a exposición chegaba ata o concello de Ordes.

A mostra, que estará tan so ata o vindeiro 27 de maio no Museo do Traxe Juanjo Liñares, valora a auga como elemento vital e amosa como inflúe a súa presenza ou ausencia nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas. Auga, o sangue da terra realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías de lugares tan remotos como Nova Celandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a conca do lucense río Lor, a través de tres bloques, «Os estados da auga» centrado na auga en estado líquido e a influencia ó seu paso; «A auga e a vida», o aspecto espiritual da auga e a transformación en paisaxe; e «Vivindo na escaseza» centrada no feito da súa ausencia.

A exposición, que forma parte do proxecto Corrente Cultural ,permite difundir a arte máis aló das sedes de Afundación (Obra social ABANCA), trasladándoa a un amplo número de vilas galegas, como Ribadavia ou Tui, entre moitas outras. A exposición foi inaugurada na tarde do pasado 4 de maio polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o coordinador de Negocio Institucional Coruña de ABANCA, José Manuel Vilariño Orgeira, e da coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores Fernández.

Inauguración mostra Auga, o sangue da terra no Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes / foto Concello de Ordes

Pode que che interese...