fbpx
Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago / Galipedia

Santiago de Compostela revive a revolución de 1846 cun roteiro histórico

Tempo de lectura: < 1 min.

Hai 172 anos Galicia rebelouse contra Madrid. Unha revolta que duraría pouco tempo. O tempo que lle levou ao Goberno de Madrid organizar un goberno para afundir o pronunciamento e levantamento de Solís do que xa falamos en HdG.

Precisamente, para lembrar ese gran acontecemento histórico, este sábado 5 de maio, a partir das 18:00 h., a organización independentista CAUSA GALIZA organiza un breve guión desde a Praza do Pan (“Cervantes”) sobre a esta revolución que tivo como epicentro a cidade de Compostela. A actividade é pública e estará guiada e conducida por Prudencio Viveiro, historiador e especialista en Historia Contemporánea e o século XIX na Galiza.

O coronel Miguel Solís, protagonista do levantamento de 1846

O acto consistirá nun curto percorrido entre a Praza do Pan e o mosteiro de Sam Martiño Pinario, que é onde resistírom até esgotaren as municións as tropas galegas ás tropas españolas en 1846.

Alén da contextualización histórica xeral daqueles acontecementos, Viveiro dará a coñecer o decurso daqueles feitos históricos in situ, isto é, nas propias rúas e prazas onde aconteceron, achegando ás persoas presentes unha perspetiva cercana dun proceso que, aínda que moi importante para a Historia da Galicia, é tamén moi descoñecido e que rematou cos fusilamentos dos dirixentes militares daquela revolución, que pasaron á historia do país como Mártires de Carral.

Pode que che interese...