A rehabilitación de Santa María de Caión a piques de rematarse
O pasado mes de novembro comezaron os traballos de rehabilitación da igrexa parroquial de Caión, Santa María do Socorro, no centro da localidade. Era unha edificación do século XVI que formaba parte do convento de San Agostiño, fundado neste século por Fernando Bermúdez de Castro. A rehabilitación, que foi promovida pola Consellería de Cultura e que contou cun orzamento de 146.000 euros, estivo, ante todo, enfocada a liberar á histórica igrexa da súas humidades.
Segundo se publica hoxe en El Correo Gallego, a estrutura estaba afectada tanto no interior pola condensación como no exterior pola acción da salitre sobre as fachadas, un fenómeno habitual nas igrexas costeiras galegas. É por isto que se procedeu á substitución dos encalados exteriores, substituíndoos por un morteiro de cal aérea, hidrófuga e secante de tres capas, a substitución das fiestras por novas carpinterías de vidro laminado airantes, e o saneamento perimetral subterráneo dos muros exteriores a través dunha foxa de grava branca.