fbpx
Pazo de Meirás / fonte Wikimedia loischantada CCBy

A Xunta permitirá cobrar gastos “probados” de conservación do pazo de Meirás ós Franco

Tempo de lectura: < 1 min.

Algúns medios como El Correo Gallego publicábano no día de hoxe. A comisión de expertos nomeada pola Consellería de Cultura para a incorporación ó Patrimonio do Estado do Pazo de Meirás, abre a porta a que a familia Franco cobre os gastos de mantemento entre 1975 e a actualidade. O informe prodúcese despois de que a comisión xurídica reivindicara a posibilidade dunha de nulidade hereditaria e a declaración do inmoble como ben de dominio público da Xefatura do Estado.

Para isto os asesores propoñen considerar unha “posesión de boa fe” do pazo, polo menos nun primeiro momento, e que os posuidores teñan dereito ó abono dos gastos probados da conservación e mantemento. Pola contra isto formaría parte dunha vía de “demanialización” por “forza de uso”, que faría que o pazo pasara a mans do Estado, ó celebrar o ditador reunións do Consello de Ministros nel. Con isto pasaría a mans públicas sen abonar un “tanteo ou retracto” dunha eventual venta, algo de elevado valor. Porén si se pagarían á familia os gastos de mantemento.

Pode que che interese...