fbpx
Cruceiro de Covelo / detalle foto farrangalloCCBy Wikimedia

Hai un cruceiro masónico en Galicia?

Tempo de lectura: < 1 min.

José Cerviño, alcumado Pepe da Peña, foi un canteiro galego famoso no noso país e fora del por unha das obras cumio da nosa cantería, o cruceiro de Hío, en Cangas. Mais este canteiro coñecido por nome e apelidos, algo excepcional en Galicia, ten outra obra de cantería cumio dos nosos cruceiros. É en Covelo, na praza do concello, neste municipio da comarca da Pardanta, en Pontevedra. O cruceiro foi levantado no ano de 1899, dedicado ó Santísimo Cristo dos Aflixidos, e costeado por a persoa Juan Antonio Tielas Fontán.

O cruceiro destaca, ademais de polo seu programa iconográfico, un dos máis ricos de Galicia, pola presencia de catro alegorías profanas no basamento nun tamaño case natural, a Industria, a Agricultura, as Artes e a Xustiza. Pois tal e como recolleu o Xornal de Vigo, este pasado sábado, na Casa Museo Pazo La Cruz de Covelo, o escritor e investigador Maximino Fernández Sendín veu a dar unha nova perspectiva a este singular programa iconográfico. Pois para el, sen dúbida, trátase dunha obra que contén unha enorme cantidade de simboloxía masónica que viría derivada do feito de que seu promotor puidera ser, de certo, masón.

Cruceiro de Covelo / detalle foto farrangalloCCBy Wikimedia

Pode que che interese...