Unha plantación de eucaliptos dana unha mámoa en Pena Grande, o abrigo prehistórico que estivo a punto de ser subastado
Novamente unha plantación de eucaliptos volveu danar un ben arqueolóxico. Desta volta trátase dunha mámoa de Pena Grande, en Vilalva. Un lugar que xa é ben coñecido por atesourar un abrigo prehistórico que estivo a punto de ser subastado en poxa pública o pasado ano.
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar perante o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) unha denuncia por posibles danos ocasionados na coñecida como Mámoa 9 por mor dunha plantación ilegal de eucaliptos. Este ben patrimonial foi danado como consecuencia dos profundos sucos realizados sobre a masa tumular no transcurso dos traballos forestais. Todo parece indicar que esta plantación afectou tamén a cámara da mámoa ao remover parte da súa estrutura.
A Mámoa 9 forma parte dun sitio arqueolóxico de gran valor, conformado por dez túmulos xunto con dous abrigos paleolíticos. En novembro de 2017 Pena Grande foi noticia ao pretender o Ministerio de Facenda subastar por 7.700 euros os terreos onde se atopan os importantes vestixios arqueolóxicos. A poxa paraliz

Danos na Mámoa 9 de Pena Grande, Vilalva, por mor dunha plantación ilegal de eucaliptos / Mariña Patrimonio
ouse grazas ao labor desenvolvido por varias asociacións que defenden o patrimonio, conscientes de que os terreos e os bens que se atopan neles serían plantados de eucalipto, tal e como acaba de suceder coa Mámoa 9 de Pena Grande.
“ADEGA e Mariña Patrimonio preguntámonos de que pasta son os responsables da Consellería de Cultura, insensibles co drama que está a provocar a industria do eucalipto no patrimonio cultural de Galicia”, apuntan as entidades nun comunicado.